Tortilla

Nas Crónicas de Indias está documentado que en 1519 se coñecía a tortilla de ovo, tanto en Europa como en América, onde os aztecas a vendían nos mercados.

En canto á tortilla de patacas, o primeiro documento no que aparece é navarro. Trátase do 'Memorial de la ratonera', de 1817. Nel explícanse as míseras condicións nas que viven os campesiños comparandolos cos pamplonicas.

A lenda di, no entanto, que foi o xeneral Tomás de Zumalcárregui quen, durante o sitio de Bilbao, inventou a tortilla de patacas.

Ingredientes

  • Bacallau en faragullas
  • Patacas
  • Ovos
  • Pemento verde
  • Pementos de Piquillo
  • Sal
  • Cebola
  • Aceite de oliva


Elaboración
Desalar e cocer as faragullas de bacallau. Pochas as patacas xunto coa cebola e os pementos. Unha vez douradas, engadir as faragullas de bacallau, os ovos e bater todo xunto. Seguidamente, elaborar a tortilla nunha tixola cun pouco de aceite, procurando que non quede seca. Presentar acompañada de pementos de piquillo.

Comentarios