Tres feridos tras dúas saídas de vía en Culleredo e Carballo

No primeiro dos accidentes os bombeiros tiveron que axudar á vítima a saír do seu vehículo

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía co vehículo que conducía á altura do termo municipal coruñés de Culleredo.

O vehículo circulaba pola A-6, dirección Madrid, ao redor do punto quilométrico 583, cando se saíu da vía.

Ata o punto, logo de ser alertados polo 112 Galicia acudiron os Bombeiros de Arteixo que, aínda que non tiveron que excarcerar ao condutor ferido, si o axudaron a saír do interior do coche. Segundo matizaron, foi necesario extraer unha das portas do turismo para poder acceder ao ferido.

O accidente tivo lugar ás 05:00 horas deste domingo. Foi a esa hora cando un particular alertou ao 112 Galicia que, enseguida, pasou aviso ademais da os Bombeiros, a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil de Cambre. Unha vez evacuado o ferido, os Bombeiros procederon á limpeza da vía.

CARBALLO. Por outra banda, sobre a 01:00 horas, tamén de madrugada, o CAE 112 Galicia tivo constancia doutra saída de vía en Carballo. Neste caso, dúas persoas resultaron feridas. Foi o mesmo condutor do turismo o que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que se saíu da vía e impactado contra o muro do campo de fútbol da Grela, en Carballo.

A partir de aí, desde o Centro de Atención ás Urxencias 112 Galicia, pasouse aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Carballo. Tamén, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil. Finalmente, os técnicos sanitarios puideron evacuar aos feridos, descartándose así, a intervención dos Bombeiros.

Comentarios