Tres medallas de ouro e cinco de prata para o D. O. Ribeiro no Concours Modial de Bruxelas 2009

A Denominación de orixe Ribeiro recibiu un total de oito galardóns no Concours Modial de Bruxelas, ao que se presentaron viños de máis de corenta países e participan máis de dous centos catadores.

Os viños premiados coa medalla de ouro foron a Colección Costeira Treixadura 2008, Lagar do Meréns barrica 2007 e Sameiráns Branco 2007.

Mentres, coa medalla de prata foron recoñecidos o Adega do Moucho 2007, Pazo do Mar Expresión 2008, Leira Hispana Treixadura 2008, Lagar do Meréns 2007 e Teira X 2007.

Quince edicións do Concours Modial de Bruxelas
Creado en 1994, o Concours Modial de Bruxelas implantou dalgún modo o rango dos campións do mundo do viño con máis de 6.000 produtos do mundo entereo en competición. Reunidas estas mostras, representan máis de 500 millóns de botellas comercializadas. Composto unicamente de profesionais, o xurado reúne cada ano ao máis amplo número de expertos internacionais do viño e da viña. Preto de 40 nacionalidades son representadas, unha diversidade que contribúe ao carácter único do evento.

Comentarios