Tres persoas resultan feridas nunha saída de vía en Verín e Mesía

O primeiro sinistro produciuse nunha zona de curvas da estrada das Estibadas e o segundo nunha estrada secundaria que conecta a localidade con Curtis

Un accidente de tráfico rexistrado esta madrugada de sábado en Verín, consistente en que o vehículo no que circulaban as vítimas sufriu unha saída de vía, deixou tres persoas feridas, e, por idéntico motivo, houbo outras dúas lesionadas en Mesía.

O primeiro sinistro produciuse nunha zona de curvas da estrada das Estibadas. Unha persoa particular alertou da situación ao 112 Galicia ás 3.35 horas desta madrugada. Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Urxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Verín, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

E a outra saída de vía, rexistrada en Mesía, saldouse con dúas persoas feridas. Este accidente desencadeouse nunha estrada secundaria que conecta a localidade con Curtis, na zona de Tiñoso.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 3.10 horas da madrugada, a través dun aviso do 061. Desde a central do 112, pola súa banda, alertouse aos Bombeiros de Ordes, ao GES de Curtis e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios