Turismo da Coruña organiza unha nova edición dos concursos de tapas e sobremesas

Premiados en la edición anterior del concurso (Foto: AGN)
photo_camera Premiados en la edición anterior del concurso (Foto: AGN)

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Promoción Económica e Turismo da Coruña, Henrique Tello, presentou unha nova edición do concurso de petiscos e tapas 'Picadillo', e de repostería 'Dona Emilia'. A estes dous clásicos do verán coruñés súmase este ano a primeira edición do concurso 'Tapas Marineda', con motivo da celebración do 800 aniversario da cidade. Tello aproveitou o acto para facer entrega dunha placa aos gañadores das edicións do ano pasado.

Como explicou o edil coruñés, o obxectivo destes tres certames é fomentar a arte culinaria e a especialización dos bares e restaurantes da Coruña, destacar a tradición local do tapeo e converter a cidade nun referente gastronómico.

Os concursos coincidirán, como vén sendo habitual, coa celebración das Festas de María Pita, que atraen á cidade a miles de visitantes durante as primeiras semanas do mes de agosto.

O concurso 'Dona Emilia' celebrarase o día 6 de agosto no Hotel Palace Eurostars (antigo Barceló de Matogrande), onde as distintas receitas de repostería serán avaliadas por un xurado que non coñecerá a súa autoría ata que o premio estea fallado. As sobremesas deberán estar na carta do establecemento participante do 4 ao 11 de agosto e o día do concurso estarán identificados por un número asignado por orde de chegada.

No caso del 'Picadillo' e das 'Tapas Marineda' o xurado percorrerá os establecementos participantes os días 12 e 13 de agosto e as propostas de tapas e petiscos deberán ofrecerse ao público do 11 ao 17 de agosto.

Comentarios