Turismo Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra emiten a ''festa dá troita''

Este fin de semana os internautas de todo o mundo poderán seguir en directo, durante todo o día, a Festa dá Troita de Ponte Caldelas a través da web de Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa, posta en marcha polo organismo turístico da Deputación, que preside José Manuel Figueroa, servirá para promocionar esta festa e para dala a coñecer entre os máis de 1.000 usuarios diarios da web www.riasbaixas.org.

A cámara web de Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra retransmitiu xa outros eventos de interese turístico como as Festas da Arribada, as Festas do Corpus ou a presenza en FITUR, sendo un rotundo éxito en canto a número de visitas rexistradas na web www.riasbaixas.org.

A cámara web retransmitirá, na portada da web de Turismo Rías Baixas, imaxes de Ponte Caldelas durante os días 30 e 31 de maio. A través dun enlace os usuarios poderán seguir en directo o desenvolvemento deste festexo.
Nos catro primeiros meses de 2009, 661.129 páxinas de www.riasbaixas.org foron lidas polos usuarios que se conectan ao website de Turismo Rías Baixas, o que supón unha media de 7,81 páxinas/visita e máis de 4 minutos de tempo, o que a sitúan entre as máis dinámicas dentro do sector público turístico. Ao longo do ano pasado foron 2.884.582 as páxinas visitadas de www.riasbaixas.org. 

Ademais de España, a maior demanda de información sobre as Rías Baixas provén de Portugal, Estados Unidos, Francia e Arxentina. Con todo, o que máis chama a atención é a gran variedade de países (ata 114) interesados en coñecer os atractivos da provincia de Pontevedra, entre eles todos os americanos, Australia, Xapón, Arabia Saudita, Groenlandia, Islandia, Sudáfrica, Indonesia ou Nova Zelandia.

Visitan as instalacións de Turismo Rías Baixas os congresistas do Simposium Nacional de Iluminación
Un grupo de congresistas participantes no Simposium Nacional de Iluminación visitou esta mañá as instalacións da sede de Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra para coñecer de primeira man os principais recursos da provincia.

Comentarios