Último día de choiva antes de que cambie o tempo

A comunidade sitúase este mércores en zona de transición entre borrasca e anticiclón

tempoEste mércores Galicia quedará nunha zona de transición entre a borrasca que se retira cara ao leste e o anticiclón situado en Madeira. Así, espéranse ceos parcialmente cubertos con choivas intermitentes que irán remitindo co avance do día. A cota de neve situarase nos 1.200 metros.

As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou ascenderán lixeiramente.  Así, os termómetros oscilarán en Lugo entre os 5 graos de mínima e os 14 de máximo, mentres que noutras capitais como Pontevedra se moverán entre os 10 e os 15 graos.

CAMBIO DE TEMPO. O xoves xa non haberá que levar paraugas e o venres volverá brillar o sol en toda Galicia.

Comentarios