Temperaturas altas pero chegan as nubes

As altas presións do norte de Europa continuarán impedindo durante este martes o achegamento das borrascas atlánticas, polo que de novo a estabilidade será predominante. Así, o ceo estará en xeral pouco nubrado ou despexado, con entrada de nubes altas pola tarde. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do sur. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios moi significativos, polo que continuarán con valores elevados para a época do ano. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 25 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata os dous graos en Lugo. 

CHOIVA O MIÉRCOLES. Para o miercoles espérase que Galicia quede baixo a influencia dunha borrasca que deixará ceos parcialmente cubertos con choivas, máis probales, na metade oeste. 

As temperaturas establecerán un considerable descenso.

Comentarios