Un adulto e unha menor resultan afectados por inhalación de fume en Culleredo

O incendio afectou á cociña da vivenda

Un home resultou afectado por inhalación de fume mentres trataba de apagar un lume na cociña da súa vivenda en Culleredo (A Coruña), segundo informou a central que se ocupa de coordinar a atención ás urxencias en Galicia. 

Ademais, segundo relataron os efectivos de Protección Civil ao persoal do 112 Galicia, unha menor foi trasladada ao Hospital da localidade pola súa nai, tamén, ao resultar afectada. 

No incendio, ardeu a cociña, a campá extractora e o fume afectou os mobles de ao redor. Eran case as 21.00 horas da noite pasada cando o 112 Galicia recibiu a chamada dos propietarios do inmoble. Indicaron que tiñan lume na cociña da súa casa situada no lugar de Peiro de Arriba, en Culleredo, pero non coñecían a orixe. 

Enseguida pasouse aviso aos Bombeiros de Arteixo, Urxencias Médicas, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Unha vez extinguido o lume, os membros do parque comarcal procederon a ventilar a vivenda

Comentarios