Un choque en cadea sáldase con dous feridos en Fene

Na colisión víronse implicados catro vehículos

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión en cadea que se produciu ao redor das 15.15 horas no municipio coruñés de Fene. Segundo informou o centro de atención ás urxencias 112 Galicia, varios particulares alertaron dos feitos, acontecidos nunha travesía que une a viarias FE-14 e N-651.

Ata catro vehículos víronse implicados no suceso. Os afectados foron evacuados por persoal sanitario a un centro hospitalario.

O 112 trasladou a incidencia ao 061, bombeiros de Ferrol e Grupo de Urxencias Supramunicipal de Mugardos. Ademais, deu conta a Protección Civil, Policía Local de Fene e Garda Civil.

Comentarios