Un condutor resulta ferido tras saírse da vía en Vilar de Santos

Debido ás feridas ocasionadas polo accidente a vítima tivo que ser trasladada nun helicóptero medicalizado

Unha persoa resultou ferida logo de saírse da vía cando circulaba á altura do lugar das Casas da Veiga, no Concello ourensán de Vilar de Santos.

Ademais, debido ás lesións ocasionadas, os servizos sanitarios comunicaron ao persoal do 112 Galicia que o helicóptero medicalizado con base en Ourense, desprazábase cara ao lugar.

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia, tras recibir a chamada de alerta do persoal sanitario sobre as 09:30 horas deste domingo, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e informouse aos Bombeiros de Xinzo de Limia.

Comentarios