Un condutor resulta ferido ao impactar contra unha árbore en Allariz

O impacto provocoulle un traumatismo no abdome

Por outra banda, en Allariz, un coche encaixouse contra unha árbore. Ocorreu pouco logo das once deste venres na estrada que une Valverde co centro urbano allaricense. 

O impacto provocou un traumatismo no abdome ao único ocupante do turismo, que foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Médicas. 

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Allariz.

Comentarios