Un ferido tras encaixar o seu coche contra o garaxe dunha casa en Mazaricos

O impacto produciuse como consecuencia dunha colisión na que se viron implicados un total de tres vehículos

Unha persoa resultou ferida tras encaixar o coche que conducía no portal dunha casa. Sucedeu ás 21 horas deste venres na estrada que une Negreira con Muxía, ao paso pola parroquia mazarica de Antes.

O impacto produciuse como consecuencia dunha colisión na que se viron implicados un total de tres vehículos. Só a persoa que conducía o coche que entrou polo portal da casa necesitou asistencia médica.

Quen alertou ao 112 Galicia pensou que o ferido quedara, ademais, atrapado no interior do vehículo. Por iso, os xestores do Centro de Atención ás Urxencias de Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Santa Corda.

Unha vez no lugar do sinistro, os efectivos do parque comarcal comprobaron que a persoa estaba liberada e accesible e foi evacuada ao centro médico de referencia polos servizos sanitarios de urxencia.

No entanto, o impacto provocou danos estruturais importantes e os bombeiros tiveron que apontoar o garaxe e o portal da casa afectada.

Comentarios