A importancia de chamarse ''Galeguesa''

galeguesa2.jpg
photo_camera galeguesa2.jpg

O chatarreiro Roberto Álvarez González de 37 anos, decidiu fai cinco volverse de Madrid e retomar a vida gandeira dos seus avós de Celanova e ademais pór solución aos incendios que de forma periódica arrasaban a súa parroquia natal de Santiago de Amoroce.

Con esa idea, Roberto chegou a un acordo cos comuneiros de Amoroce (Celanova) e obtivo o arrendamento durante 20 anos de case 200 hectáreas de monte comunal para manter en réxime extensivo unha cabana gandeira e púxolle o nome de Facenda "O Agro", porque "Agro" é o acrónimo de Álvarez González, Roberto e porque ese era o sobrenome do seu avó.

Vacas francesas en lugar de autóctonas galegas


Roberto explicou a GG que ía comprar tenreiras de razas autóctonas de Galicia, que están subvencionadas "pero no camiño estragóuseme un tractor e chamei ao provedor de Cataluña para encargarlle a peza danada pero na conversación saíron os meus plans e tanto falamos que me convenceu de, polo menos, ir coñecer vacas da raza francesa saler", explicou.

O gandeiro ourensán descubriu que hai vacas "saler" en Australia, Estados Unidos ou Irlanda pois a raza procede do Macizo Central de Francia e isto faias "duras, dóciles, fáciles de coidar e só necesitadas de alimento pois ata paren elas soas", agregou Roberto.

En 2005 o gandeiro decidiu mercar vacas "saler" a pesar de non estar subvencionadas en Galicia e alimentalas con "dieta tradicional" a base de millo, cebada, trigo, centeo e leite das súas nais.

"Ofrecín a carne, que é sabrosísima, a carniceiros e coñecidos para que a probasen pero me chamaron tolo por tentar vender carne dunhas vacas que se crían soas no monte e sen penso", continuou.

Carne como a de toda a vida

Roberto tivo que optar ao principio polo autoconsumo e segundo explicou, a primeira vez que se preparou carne de tenreiro "saler" na súa casa, a familia chorou porque o guiso cheiraba e sabía como os de toda a vida en casa dos seus avós.

Tras a comprobación de sabor e calidade na casa, Roberto decidiu repartir lotes de carne para dala a coñecer entre amigos, veciños, e incluso a algún condutor de camión que a levou para os seus clientes.

Todas as dificultades iniciais foron limándose e comezaron os pedidos de lotes de carne, por teléfono e a través da súa páxina web polo que solicitou que se organizase un curso de despezamento de carne no Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia, instalado no parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas.

"Estivemos 15 persoas aprendendo a despezar e eu aluguei un posto na praza de abastos de Celanova, para traballar polas noites facendo os lotes que me encargan", agregou.

De lotes de carne a galeguesas

Mentres o gandeiro celanovense intentaba estreitar contactos con outros gandeiros para asociarse, o seu irmán de 33 anos -cinco menos que Roberto- propúxolle que elaborase hamburguesas "que ao parecer están moi de moda en Madrid", segundo lle dixo.

Moeu a carne, mesturouna con pan rallado, sal, ourego e perixel, deulle forma redonda e empezou a engadirlla ós lotes de carne.

Logo un amigo hamburgués propúxolle o nome de "galeguesa" para o novo produto e así o rexistrou "e desde hai un ano, no canto de lotes con algunha galeguesa, só me piden galeguesas acompañadas con algo de carne enteira", agregou.

As "galeguesas" de Roberto véndense en fresco envasadas ó baleiro, para consumir nos seguintes 3 a 5 días pero tamén se poden conxelar e así duran meses, e nese caso a súa preparación non require descongelación senón que se pode pór directamente na tixola ou no ferro.

Proxectos sen fin


A idea inicial de Roberto de eliminar os incendios da zona de Amoroce pondo o monte comunal en produción, neste caso como pasto para un rabaño de becerros e vacas "saler", está máis que realizada polo que se expón abordar outros soños do inicio como introducir a súa carne nos comedores escolares para que os seus fillos coman neles o mesmo que na súa casa.

Tamén pensa ampliar a súa cabana a 200 ou 300 cabezas, preparar un obrador con sala de ultracongelado para mellorar o proceso de elaboración e organizar excursións escolares durante o ano 2011 para que os nenos coñezan os traballos da gandería.

Comentarios