Un incendio calcina un camión isotérmico en Boiro

O lume non causou danos persoais

Os Bombeiros de Boiro apagaron este sábado pola mañá un lume nun camión que circulaba á altura de Moimenta, en Boiro. ás 10.00 horas unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun coche ardendo. A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo en alerta aos membros do parque comarcal boirense. Ademais, informou o suceso aos axentes de Tráfico e de Protección Civil.

Unha vez no punto e extinguido o lume, os Bombeiros indicaron que se trataba dun camión isotérmico –de transporte de marisco–. Ardeu o motor e a cabina do vehículo sen causar máis danos.

Comentarios