Un incendio derruba un galpón no Carballiño

En Oroso tamén se rexistrou outro lume nun braseiro dunha casa unifamiliar

Un incendio calcinou por completo un galpón situado na aldea de Porto de Eguas, na localidade ourensá do Carballiño. Ademais, segundo confirmaron os Bombeiros, debido á intensidade das chamas, o tellado foi derrubado.

Nada máis recibir a alerta dun particular, sobre as 20.00 horas da tarde este xoves, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos membros de extinción do parque do Carballiño, que enseguida se desprazaron ao momento. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

INCENDIO NUN BRASEIRO. Sobre as 07.00 horas deste venres, un particular alertaba ao 112 Galicia dun incendio no brasero dunha casa unifamiliar situada en Gandamil, en Vilarromarís (Oroso). Tras recibir a chamada do alertante, que aseguraba que non había persoas afectadas, o 112 Galicia informou aos Bombeiros de Ordes que deseguido se achegaron ao lugar dos feitos. Efectivos  de Protección Civil de Oroso e a Garda Civil tamén se desprazaron ao ser alertados. Unha vez sufocado, os Bombeiros indicaron que ardeu leña amontoada, uns bancos e outros obxectos situados no brasero.

Comentarios