Un incendio derruba parte do tellado dun serradoiro ocupado por indixentes en Valdoviño

A nave atópase moi preto da praia da localidade

Un incendio derrubou este xoves pola noite parte dunha nave antiga situada moi preto da praia coruñesa de Valdoviño, na Vía Principal. Ao fío das 03.30 horas da madrugada, efectivos de Protección Civil da localidade alertaban ao Cieae dun lume nun tellado dunha casa da Vía Principal. Aseguraban, ademais, escoitar explosións. De igual modo, un particular alertaba dun lume á beira da Praia.

Enseguida, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Ferrol e aos efectivos do GES de Mugardos e de Protección Civil de Valdoviño. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil. Unha vez no punto e extinguido o lume, membros de Protección Civil confirmaron que se tratou dun serradoiro antigo que ás veces era ocupado por indixentes.

Comentarios