Alcorta patrocina a Ruta Gastronómica de Santiago de Compostela

A Ruta Gastronómica Alcorta visitará preto de 150 bares de Santiago de Compostela e da súa comarca, desde o 20 de marzo ata o 5 de abril.

Cuaquiera que estea interesado pode facerse coa guía e o pasaporte da Ruta Gastronómica Alcorta e visitar as recomendacións que máis seduzan ao seu padal, degustando os bocados máis tentadores de cada casa. Poderiamos falar, só para empezar a abrir boca do exquisito Petisco de Crocodilo do bar Abella, ou as Filloas recheas do Restaurante Carafio entre moitos outros bocados.

A única condición establecida é que cada tapa ha de ir acompañada por unha copa da crianza ou reserva de Alcorta.

Unha vez finalizada a ruta, o cliente debe entregar o seu pasaporte selado por, polo menos, catro establecementos distintos. Deste xeito optaranse a suculentos premios.

Pasado e futuro da Ruta                                                                                                            Esta ruta xa se paseou por cidades como Granada, Xixón ou Burgos. Agora tócalle facer a súa parada en Galicia, pero nestas datas tamén fará escala en Madrid, A Rioxa e Lleida. Posteriormente, a ruta tamén se trasladará á outras cidades españolas como Zaragoza, Valencia e Santander.

Comentarios