Un restaurante de Monforte acolle unhas xornadas sobre comida ecolóxica

O xefe de cociña do restaurante O Grelo de Monforte, Martín Mantilla, e o presidente do consello regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, Jose Antonio Fernández, presentaron as xornadas de restauración ecolóxica que durante as próximas semanas, e ata que haxa demanda, desenvolveranse neste establecemento hostaleiro.

As previsións son boas, xa que nas dúas anteriores edicións desta iniciativa que teñen como fin promocionar os produtos biolóxicos producidos en Galicia, os resultados foran satisfactorios. Segundo o xefe de cociña do Grelo, «os clientes demandan en gran medida estes produtos de calidade, polo que podemos dicir que este programa gastronómico sempre obtivo unha boa acollida».

No entanto, comentou as dificultades coas que se atopa o sector hostaleiro para abastecerse de artigos desta categoría, lamentando que non haxa un maior número de distribuidores na zona.

Comentarios