Un Ribeiro, medalla de ouro entre os mellores viños para Asia

O viño da Denominación de Orixe Ribeiro, Sameirás 2008, da adega Antonio Cajide Gulín, gañou unha das 14 medallas de ouro outorgadas no Concurso de Mellores Viños Españois para Asia 2009.

É máis, soamente dous viños brancos lograron este premio --ademais de 11 tintos e un doce--. Así mesmo, tamén hai que destacar que é o único viño galego en conseguir o galardón, logrando unha das puntuacións máis altas do concurso.

Os mellores viños para Asia
Este é o primeiro concurso de viño español organizado en Hong Kong, con 54 catadores asiáticos, de prestixio e nivel de coñecemento importante, que avalian os viños presentados ao concurso en función dos gustos e a realidade do mercado local.

Os profesionais asiáticos, periodistas locais, importadores, distribuidores, analizaron en catas a cegas os viños segundo os criterios adaptados á gastronomía asiática e a súa adecuación ao mercado.

Comentarios