Un tractor atropela a unha persoa en Tordoia

A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Unha persoa resultou ferida o municipio coruñés de Tordoia ao ser arroiada por un tractor nunha leira en Anxeriz, na zona do Niño do Curvo. Os feitos ocorreron minutos antes das 20.40 horas deste xoves. Foi entón cando recibiu a alerta o 112 a través da chamada dun particular, que explicou que a vítima permanecía tendida na leira debido a que un vehículo agrario pasáralle por encima.

Urxencias Médicas trasladou a este persoal ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e tamén foi alertada a Garda Civil.

Comentarios