Unha colisión múltiple sáldase cunha persoa ferida en Ferrol

O accidente produciuse na estrada das Pías, que une a urbe naval co municipio de Fene

Unhas persoas resultou ferida este luns en Ferrol por mor dunha colisión múltiple na que se viron implicados tres vehículos, segundo informa nunha nota Urxencias 112.

O sinistro produciuse pouco antes das 17.00 horas á altura do campo de fútbol do barrio de Caranza, na estrada das Pías (FE-14), a vía que une a urbe naval co municipio de Fene, detallan as mesmas fontes.

Un particular chamou a Urxencias 112 para alertar da colisión múltiple e, así mesmo, de que os turismos estaban a dificultar a circulación na zona. Ata o lugar do accidente desprazáronse unha ambulancia asistencial de Urxencias Médicas 061 e unha patrulla da Policía Local de Ferrol.

Comentarios