Unha persoa ferida de gravidade ao ser atropelada no Carballiño

Foi trasladada por un helicóptero medicalizado a un centro hospitalario

Pasados uns minutos das 12:15 horas deste mércores, persoal do 061 informaba ao CIAE dun atropelo a unha persoa, á altura do número 14 da Rúa de San Cibrán, no concello do Carballiño. Indicaban que, debido ás feridas ocasionadas, o helicóptero medicalizado con base en Ourense dirixíase cara ao lugar, para tomar terra na estación do tren.

Así, nada máis recibir o aviso, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil. Tamén os Bombeiros do Carballiño foron informados.

Os axentes da Policía Local, unha vez no punto, confirmaron ao 112 Galicia a gravidade da persoa.

Comentarios