Unha vintena de locais de Foz participan na Festa da Nécora a finais de setembro

Un total de 21 locais de hostalería de Foz participarán a finais de mes na primeira Festa dá Nécora, promovida pola asociación de comerciantes da localidade coa colaboración de distintas institucións, co fin de dar a coñecer e potenciar un produto que se captura na zona.

A festa será o 30 de setembro e o 1 de outubro, días en que se servirán nécoras ao prezo de tres euros a unidade, aínda que ademais do marisco cocido, algúns dos establecementos xa anunciaron a súa intención de preparalos de acordo a distintas receitas, por exemplo con arroz. O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos (Acia), José Carlos Paleo, recordou que esta iniciativa está pensada para divulgar un atractivo máis da zona e que a proposta «é unha boa ocasión para visitar Foz e A Mariña».

A Acia organiza ao longo do ano diversas destas citas e todas contan cunha gran aceptación por iso son moitos os locais que se suman a estas iniciativas. Nesta ocasión, os establecementos participantes son A Maseira, A Quinta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Anduriña, Xoyma, O Rincón de Anita, Cervexería Fina, Portovello, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Náutico, pizzería Xoiña, As Brasas, Dandy, O Tangarte, Mariñeiro, Porto Chico e O Lar.

Comentarios