Unha muller de Narón resulta intoxicada por inhalación de fume

O lume orixinouse no lixo acumulado no interior do domicilio

Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital debido a unha intoxicación por inhalación de fume, procedente dun pequeno incendio que se rexistrou na súa vivenda, situada en Freixeiro, no concello de Narón.

O lume orixinouse sobre as nove da noite deste venres e tivo o seu xerme no lixo acumulado no interior do domicilio, explicaron efectivos de Protección Civil a Urxencias 112, polo que todo apunta, indican, a que a muller prendeu as chamas para quentarse.

A afectada foi atendida por unha ambulancia asistencial no lugar dos feitos e posteriormente foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Ata a vivenda, situada na estrada que une Narón con Valdoviño, desprazouse tamén a Policía Local.

Comentarios