Unha muller embarazada resulta ferida tras unha colisión en Fene

No suceso, que se produciu na entrada á parroquia de Barallobre, víronse implicados dous coches

Unha muller embarazada resultou ferida este luns en Fene tras unha colisión entre dous vehículos. Un accidente do que daba aviso un particular ao 112 Galicia ás 16.45 horas da tarde. O suceso tivo lugar na entrada á parroquia de Barallobre, debaixo da ponte do tren.

Enseguida, desde o Ciae 112 Galicia informouse do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Fene, á Policía Local, aos Bombeiros de Ferrol e ao GES de Mugardos.

Comentarios