Unha muller ferida nun accidente de tráfico en Vilamarín

Unha muller resultou ferida este sábado tras saírse da vía e envorcar o coche que conducía en Vilamarín.

Foi a propia implicada quen se puxo en contacto co 112 para pedir auxilio. A muller asegurou que tiña dificultades para saír do vehículo, aínda que a axuda dos servizos sanitarios bastou para que puidese abandonar o coche e fose trasladada ao centro médico máis próximo. 

O accidente rexistrouse ás 6.30 horas na N-540, no Alto do Pilo.

O persoal do CAE 112 Galicia solicitou a colaboración dos membros do GES de Pereiro de Aguiar, voluntarios de Coles e do Carballiño e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios