Vinte adegas das Rías Baixas presentan os seus produtos en Estados Unidos

Unhas vinte adegas das Rías Baixas participaron en Estados Unidos nunha presentación desta Denominación de Orixe co obxectivo de promocionar os seus produtos alén do Atlántico. Durante o acto, analizouse a situación do mercado estadounidense e as accións promocionais previstas para este ano pola marca galega.

Así, entre as campañas previstas para 2010 destinadas a publicitar os produtos da Denominación incluiranse seminarios de formación en escolas de alta hostalería, showrooms para que as adegas dean a coñecer os seus produtos, visitas de sumillers e importadores a Rías Baixas ou a presenza en festivais de viño e gastronomía, entre outras.

A xornada de presentación das adegas das Rías Baixas concluíu cun seminario sobre o aproveitamento das redes sociais para a difusión dos produtos desta Denominación galega.

Na actualidade, Estados Unidos supón o segundo mercado de maior demanda dos caldos galegos, despois do que representa o da propia comunidade autónoma.

Comentarios