Un venres de ceos pouco nubrados na antesala dun sábado de praia

MeteoGalicia
photo_camera Meteogalicia

Este venres Galicia quedará na influencia das altas presións, polo que se espera unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais en comarcas do interior.

As temperaturas mínimas volverán descender, quedando unha madrugada fría, incluso con mínimas por baixo dos 10ºC en puntos do interior e as máximas ascenderán.  O vento soprará frouxo de compoñente norte. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 14° 21°, Ferrol 13° 23°, Lugo 13° 24°, Ourense 15° 29°, Pontevedra 15° 22°, Santiago de Compostela 13° 24° e Vigo 15° 22°. 

Comentarios