Venres sen grandes cambios na meteoroloxía

A deste venres será unha nova xornada de ceos parcialmente nubrados con chuvascos de carácter tormentoso pola tarde en zonas do interior, mentres que se esperan néboas costeiras en puntos das Rías Baixas. 

Segundo as predicións de Meteogalicia, as altas presións, os ventos do norte e a presenza de aire frío en capas medias e altas da atmosfera continuarán predominando na situación meteorolóxica. 

As temperaturas mínimas serán suaves, con ascensos con respecto ás xornadas anteriores, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral norte e frouxos no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas pola tarde. 

Comentarios