Estival

Ingredientes

  • Seis lagostinos de Pescanova.
  • Piña natural.
  • Pan de molde.
  • Dúas culleradas de maionesa.
  • Unha cullerada de ketchup.
  • Un chorriño de coñac.
  • Dúas pingas de Perrins.
  • Unha pinga de tabasco.
  • 25 cc. de zume.

Elaboración
Cocer os lagostinos durante dous minutos, arrefrialos en auga con xeo e reservar. Cortar dúas  laminas de piña. Para preparar a salsa rosa mestúrase a maionesa co zume, perrins, tabasco, coñac, ketchup e sal. Cortar a leituga en xuliana, mesturala cun pouco de salsa rosa e tres lagostinos picados. Posteriormente, meter este recheo en dúas láminas de piña e envolver facendo un canelón. Tostar a rebanada de pan de molde sen cortiza e cortar en catro anacos. Para rematar, montar con tomate, allo e tostar.

Para empratar porase a salsa rosa ao redor dos lagostinos, colocaranse as tostas de pan tomaca e sobre iso os canelóns de piña.

Comentarios