Vieiras ao Albariño

Vieiras al Albariño
photo_camera Vieiras al Albariño

Tempo de preparación: 30 minutos

Para: 6 persoas

Ingredientes:
- Unha ducia de vieiras grandes
- Unha cebola picada
- Dúas follas de loureiro
- 300 mililitros de aceite de oliva virxe
- Seis dentes de allo picados
- Dous limóns
-Unha copa de viño Albariño
- Unha rama de perixel
- 50 gramos de pan rallado
- 100 gramos de xamón serrano
- Sal groso


Modo de preparación:
Quentar aceite nunha cazuela e botar nel o allo picado, a cebola e o xamón. Sofreir lentamente e engadir a copa de viño Albariño, ata que a salsa estea ben mesturada.

Nunha fonte, colocar as vieiras coa súa cuncha, asentadas en sal groso. Asperxelas co zume dos limóns e cubrilas coa salsa do sofrito. Espolvorear con pan rallado e meter a forno forte ao redor de 10 minutos. Retirar e aderezar con perixel picado.

Comentarios