Vigo será a sede do V Campionato Galego de xefes de Sala-Maitres

O I. E S. Manuel Antonio de Vigo será o escenario para a celebración da V edición do Campionato Galego de Xefes de Sala-Maitres, certame convocado pola Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostalería e a Organización para vos Campionatos de Promoción de Profesionais da HG&T, o próximo 22 de abril. A proba conta co apoio da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de hostalería de Galicia.

Todos os interesados en participar deben enviar a inscrición antes do 16 de abril ao correo electrónico [email protected] ou por fax ao 986 84 74 70.

Este campionato está considerado como o evento máis importante para os profesionais do servizo hostaleiro de Galicia e ao mesmo tempo será a proba para escoller ao representante galego no próximo campionato de España.

Pode participar todo aquel que desenvolva a súa actividade profesional en todo tipo de establecemento de hostalería dentro do territorio galego, así como os graduados nos centros de formación que imparten as especialidades do servizo nacidos en Galicia, excepto os docentes dos centros de formación das especialidades de hostalería públicos ou privados. A idade debe estar comprendiada entre os 18 e os 45 anos.

A competición
Consta de dúas fases. Na previa os participantes deben traducir un texto do inglés ao castelán ou ao galego, mentres que a fase final consta de 10 probas:

-Identificación de queixos a través da vista e o olfacto

-Tiraje e servizo dunha cana de cervexa

-Montaxe dunha mesa para dúas persoas

-Corte e presentación dunha ración de xamón

-Atención dunha reclamación por parte dun cliente

-Flambeado e servizo dunha elaboración de carne

-Preparación e servizo dun Gin Tonic

-Elaboración e exposición do menú. Toma da comanda

-Cata de viños, con identificación de procedencia e variedade da uva

-Decoración dunha mesa de banquete con froitas como elemento obrigatorio.

Comentarios