VII edición do Concurso de Tapas de Lugo

A sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo celebrarase entre o 9 e o 25 de setembro e contará coa participación de máis de 40 establecementos da cidade.

As tapas, que poderán ser degustadas por todos os asistentes, estarán elaboradas cos produtos galegos de maior calidade e da forma máis nova, a fin de gañar o primeiro premio na categoría de creativa, ou da forma máis tradicional, para resultar vencedor na categoría homónima.

Este ano, con todo, unha categoría máis se inclúe no concurso, e é que, debido á coincidencia co Congreso Nacional do Xamón, os creativos da cociña poderán participar nunha competición aparte con tapas elaboradas especialmente con este produto.

As tapas serviranse nos locais participantes os citados días cun horario de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 22:30 horas. O seu prezo oscilará segundo o produto, pero se manterá entre 1 e 3 euros. Cada cliente poderá valorar as tapas, unha vez comidas, mediante un formulario presente en todos os establecementos.

Un xurado establecido valorará a 20 semifinalistas, dos cales o público decidirá os 8 premios correspondentes a todas as categorías.

Comentarios