VIII Xornadas Micolóxicas en Mos

O municipio pontevedrés de Mos acollerá entre o 27 de outubro e o 6 de novembro a VIII edición das Xornadas Micolóxicas.

Este encontro gastronómico ten como obxectivo dar a coñecer a todos os asistentes o proceso de colleita dos cogombros, é dicir, saber onde pódense atopar ou distinguir os comestibles dos tóxicos. Incluso, tamén se lles indicará que pratos se poden elaborar con eles dependendo da época.

Así, para o xoves 27 tense previsto que de comezo o evento culinario; será no restaurante Casa Alfredo ás 20.00 horas. Seguidamente, para o venres 28 celebrarase ás 20.30 horas unha charla explicativa para determinar cales son as variedades de cogombros comestibles.

Para o fin de semana, os participantes estarán, desde as 10.00 á a 13.30, no bosque buscando cogombros para coñecer de primeira man os exemplares que existen e aprender a identificar os que son aptos para o consumo.

O mércores día 2, se levará ao cabo outra charla, baixo o título Cociña Científica e Cogombros- A darlle á lingua, ás 20.30 horas.

Finalmente, do 2 ao 6 de novembro os asistentes poderán degustar estes exemplares micolóxicos a prezos populares en distintos establecementos hostaleiros do municipio.

Comentarios