Viñátigo Malvasía clásico

vinoMalvasia.JPG
photo_camera vinoMalvasia.JPG

Zona: DO Ycoden Daute Isora. Colleita: 2007. Maridaxe: Tartaleta rechea de crema de mango e maracuyá. Graos: 15% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 16-18º

Logo da conquista de Canarias por parte da Coroa de Castela no século XV, os peninsulares levaron a este arquipélago as súas vides, principalmente uvas da variedade malvasía, que á súa vez proviñan do Mediterráneo oriental. Comezou así o cultivo da vide nas Canarias, que se viu fomentado polo tráfico de barcos con destino ao novo mundo que cargaban as súas adegas nesta última parada. Pronto os británicos fixáronse nestes viños e os ‘sack' ou ‘canary', como así eran coñecidos, convertéronse nos séculos XVI e XVII en elaboracións do máis alto prestixio. A Denominación de Orixe Yconde Daute Isora, que é a herdeira destes caldos, que tamén popularizou Shakespeare, aséntase sobre cinzas e rocas volcánicas. Unha mostra desta denominación é Viñatigo Malvasía Clásicou 2006, un viño doce.

Cata
A súa cor é amarelo dourado, brillante e de intensa bágoa. En nariz preséntase complexo, fragante, e goloso, destacando aromas de froita tropical, orejones, mel, cítricos e florais.

Comentarios