O viño galego, presente nunha cata en Portugal

O pasado 26 de marzo celebrouse en Portugal unha cata de viños do Porto na que estiveron presentes tamén outros deliciosos caldos.

Entre eles, desde o famoso champagne francés ata algúns representantes das colleitas galegas como Albariños, Godellos ou Monterrei e  Ribeiros tamén monovarietales: Treixaduras, Torrontés  e Lados.

Sen dúbida pódese dicir que os viños da nosa comunidade ''invitados'' á gran festa do viño do Porto triunfaron ao grande na convención, onde só se daban cita as marcas que ofrecesen a suficiente calidade para poder participar.

á marxe diso, numerosos viños portugueses e champagnes franceses tamén podían ser degustados, aínda que o verdadeiro protagonista da cata, foi o anfitrión en honra do cal se celebrou o evento: O viño do Porto.

O presidente de Marrón Glace S. L. José Pousada acudiu ao acto e pronunciou unhas palabras na súa calidade de prestixioso enólogo.

Comentarios