Volve Lourenzo

Galicia quedará o xoves baixo a influencia das altas presións, polo que se espera unha xornada de estabilidade. Así, nas primeiras horas do día haberá bancos de néboa e algún intervalo de nubes baixas, que irán desaparecendo co avance da mañá para quedar cunha tarde de sol en toda a Comunidade. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará moderado, de compoñente norte. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos nas Rías Baixas. 

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 20 graos de Pontevedra e Ourense e os 15 da Coruña e Lugo, mentres que as mínimas estarán entre os 5 graos de Lugo e os 9 de Vigo.