X Festa do mexillón en Boiro

A X edición da Festa do mexillón celebrarase en Boiro durante os días 19, 20 e 21. Así, durante o venres 19 a partir das 20.30 horas comezará o evento a cargo de Pablo Carreiro, director do museo do mar de Galicia, que ofrecerá unha conferencia. Os asistentes tamén poderán gozar da 1ª exposición ilustrada Mar ao Xeito.

Seguidamente para o sábado 20, levarán a cabo diversas actividades. Durante a mañá, a partir das 12.00 horas os máis pequenos poderán gozar co espectáculo de maxia de Tanito. Unha hora máis tarde, á 13.00 horas os asistentes poderán degustar do mexillón.

Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas elaboraranse paellas xigantes. ás 20.00 horas comezará o concurso de elaboración de pratos de mexillón. A continuación, o mago Brais ofrecerá o seu espectáculo.Tras estes actos, terá a degustación de paellas e de mexillóns ao vapor.

E para rematar, o domingo 21, pola mañá terá lugar a 4ª bandeira feminina de traineiras do concello de Boiro e, a partir, das 22:00 horas será a masculina de traineiras. Para terminar a celebraración levará a cabo a exaltación do mexillón a cargo dos restaurantes Parrillada Don Paquito, Chucolino e Miramar, que estará amenizada por Banda de Música de Boiro e a charanga Os Armadanzas.

Comentarios