XI Festa da Chula en Pazos de Borbén

O día 4 de setembro dará comezo na parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén, a festa gastronómica de degustación de Chulas.  Nela os organizadores do evento encargaranse de cociñar ao longo de toda a xornada unha gran cantidade de chulas, elaboradas de diferentes formas e sabores, tanto doces como salgadas. 

O prezo popular ao que se poderá degustar o produto estrela da festa será moi adsequible, entre 0,50 céntimos e 1€, e ademais toda a reacaudación obtida destinarase a obras sociais no pobo. A xornada estará amenizada por un grupo musical que se encargará de animar a festa.

Comentarios