XII Xornadas Gastronómicas do Bonito

O Club Gastronómico Rías Altas que preside D. José Martínez Vidal celebrará durante o mes de Xullo as XII Xornadas Gastronómicas do Bonito. O acto de presentación e posterior xantar terá  lugar hoxe martes 30 de Xuño nas Adegas AGNUSDEI (Lugar de Axis s/n – Simes 36968 Meaño - Pontevedra) ás 13:00 horas, e ao mesmo asistirán os membros do Club Gastronómico así como  Ignacio Franco, director de Mercadotecnia e Finanzas e Fernando Yáñez Rodríguez, director Desenvolvemento de Negocio Adegas Agnusdei.
 
Hai que destacar tamén a parte de dedicada aos viños recomendados, nesta ocasión foron seleccionados o albariño Agnus Dei e a ribeira do Douro Dinastía Vivanco para o bo acompañamento dos diversos menús.
 
En total serán 26 restaurantes da provincia da Coruña, membros todos eles do Club Gastronómico Rías Altas, onde se poderán degustar diversas especialidades como: Bonito á brasa, bonito en rolo, bonito ao forno,  marmitako, etc...
 
Os restaurantes participantes son:
 
A Coruña:  á Brasa, Asador Castelán, Coral, Manolito, Manolito-Mesón e Panaché.
Betanzos: A Casa
Buño: Casa Elías
Espasante-Ortigueira: Orillamar
Ferrol: O Parrulo,´Pataquiña, Modesto
Fene: Muiño do Vento
Narón: Pazo Libunca
Montrove- Oleiros: Pazo do Río
Mugardos: Mesón dá Pedreira
Praia de Sta. Cristina: O Madrileño
Puentedeume: Brasília
Sada: Manel, Licar
Santa – Cruz Oleiros: O 13
Santa Corda: Casa Aurelio
Santiago: Sexto, Sexto II,   O Rodicio,´San Martiño

Comentarios