XIV Festa do Lacón con Grelos en Ordes

A décimo cuarta edición da festa do lacón con grelos celebrarase durante os días 10 e o 11 de marzo en Ordes.

Así, o sábado día 10, a partir das 10.00 horas, os asistentes poderán gozar coa exposición de gando de razas autóctonas e de maquinaria agrícola.

Ese mesmo día pola tarde, ás 16.30 horas, terá lugar unha mostra morfológica de gando vacún de raza limusín, característica desta parroquia coruñesa.

Seduidamente, para o domingo día 11, os visitantes poden degustar gratuitamente un prato de lacón con grelos no recinto feiral da zona. Tamén está previsto para esta data, unha concentración dirixida aos amantes das motos

Á tardiña, celebrarase unha carreira de Trotóns , trote libre e unha proba de arrastre de gando vacún.

No fin de semana varias orquestras, que aínda están por determinar, amenizarán a velada.

Comentarios