Xoves de ceos cubertos e algunhas choivas

Galicia permanecerá o xoves nunha situación intermedia entre o anticiclón dos Azores e as baixas presións que se localizarán ao sur peninsular. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis claros no sur e posibilidade de chuvascos no terzo norte. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes no litoral atlántico. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. 

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 24 graos de Pontevedra e Vigo e os 18 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 10 graos de Lugo e os 13 da Coruña, Vigo e Pontevedra. 

Comentarios