miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Xoves de chuvias en Galicia

Una lucense con un paraguas. XESÚS PONTE
Unha muller con paraugas. AEP
As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable

O xoves Galicia queda no límite da influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas que enviará unha fronte fría. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias que comezarán pola mañá na metade oeste e que co avance do día irán chegando a toda a comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes entre Bares e Costa da Morte.

meteogalicia

Xoves de chuvias en Galicia
comentarios