Xoves de nubes e claros

Este xoves unha fronte pouco activa chegará ao litoral atlántico durante a mañá. Así, o ceo estará cuberto pola mañá con choivas máis probables nas provincias da Coruña e Pontevedra. Pola tarde iranse abrindo claros na metade norte, mentres que permanecerán as nubes no sur. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente sur pola mañá virando a oeste pola tarde. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 15 graos en Vigo, Pontevedra e Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata catro graos en Lugo. 

Comentarios