Xoves marcado pola choiva e o descenso das temperaturas

Este xoves unha fronte fría chegará polo oeste, polo que durante a mañá empezarán as choivas pola franxa atlántica que se irán estendendo ao resto da comunidade co avance do día. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo, de compoñente sur en xeral. Pola súa banda, as temperaturas mínimas seguirán sen cambios significativos e as máximas descenderán lixeiramente. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán ata os 19 graos na Coruña, mentres que os valores mínimos descenderán ata os 10 graos en Lugo. 

Comentarios