Xoves marcado pola inestabilidade

Este xoves Galicia quedará baixo a influencia dunha baixa relativa situada entre Azores e Portugal, polo que a situación meteorolóxica estará marcada pola inestabilidade. Xa que logo, o ceo estará parcialmente nubrado, con máis claros na metade sur. 

Durante o transcurso do día crecerán nubes de evolución que deixarán chuvascos localmente tormentosos máis probables no sueste de Galicia. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán ata os 30 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata os 12 en Lugo e Pontevedra. 

Comentarios