Xoves pasado por auga

Galicia rexistrará este xoves o paso dunha fronte fría durante a mañá, que deixará os ceos cubertos con choivas localmente fortes que chegarán a toda a Comunidade. A partir do mediodía iranse abrindo claros e haberá chuvascos ocasionalmente tormentosos. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará forte, de compoñente sur nas primeiras horas, e irá baixando de intensidade co avance do día. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios. 

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 17 da Coruña e os 12 de Lugo, mentres que as mínimas estarán entre os 9 graos de Lugo e Ourense e os 14 da Coruña. 

Comentarios