XV cata dos viños da Ribeira Sacra

Os días 28 e 29 de maio celébrase no Parador de Turismo de Monforte a XV Cata dos Viños de Ribeira Sacra que organiza o Consello Regulador dá Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Poden participar na cata os viños elaborados por adegas inscritas no D.O. que se atopen en fase de comercialización. Establécense 3 categorías:

-viños brancos; entrarán a concurso os brancos Ribeira Sacra Branco Súmmun, correspondentes á colleita 2008.(volume mínimo superior a 1.000 litros)

-viños tintos; entrarán a concurso os tintos Ribeira Sacra Tinto Súmmun, correspondentes á colleita 2008.(volume mínimo superior a 1.000 litros)

-viños doutras anadas; pódense presentar viños doutras coseechas distintas a 2008 que non participasen en edicións anteriores e os viños con barrica da colleita 2008.(volume mínimo superior a 500 litros) é o segundo ano que se conta con esta categoría.

Técnicos do C.R.D.O.R.S. conformaron a mostra recollendo 3 botellas ao azar entre o stock de cada adega interesada en participar na cata.

O día 27 pola tarde no Parador de Turismo de Monforte precíntanse as mostras ante notario. O día 28 ás 9:00 da mañá comeza a precata, catando os viños en series de 10 como máximo. Comezarase polos viños brancos e terminarán con viños doutras anadas.

A cata final pasarán, como máximo, 10 viños tintos, 6 viños na categoría de brancos e 6 viños doutras anadas. O día 29 ás 11:30 será a cata final, ante notario, seguida de comida, que se aproveitará para entregar os premios aos mellores de cada categoría.

Para as categorías de viños tintos e viños brancos haberá medalla de ouro, prata e bronce. Na categoría doutras anadas haberá unha medalla de ouro se o número de mostras participantes é igual ou inferior a 14, dúas medallas de ouro se o número de mostras é igual ou inferior a 20 e tres medallas de ouro se as mostras participantes superan as 20.

A comida e correspondente entrega de premios asistirán, entre outras autoridades, o Presidente dá Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, alcaldes de ayuntasmientos de Ribeira Sacra e representantes da administración autonómica.

Comentarios