XVI Feira do Doce, Almendrado e Melindre en Allariz

A XVI edición da Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz empezará o sábado día 3 ás 10:30 da mañá na localidade de Allariz. Unha vez alí todos os interesados neste suculento doce poderán deleitarse con todas as sobremesas e licores expostos á venda nos distintos postos.

A exposición manterase durante toda a xornada do domingo. Ao mesmo tempo, disputarase un concurso de repostería para todos os que desexen participar e durante a tarde haberá un taller de repostería para nenos, o que pecha a cita gastronómica desta edición.

Comentarios